Jesús Valverde Alonso , escultor que conseguiu distintas becas, foi marido de Elena Colmeiro, a súa obra responde a criterios morfolóxicos achegados á abstracción. (Vigo, 1925-Madrid, 1993). . Xesús Valverde Alonso naceu en Vigo, a o carón do Castro, nunha vila chamada “Vila María”, hoxe convertida en Sanatorio Maternal, da rúa Romil, onde moraban seus pais, que logo pasaron a morar no barrio de Peniche, na rúa Tomas A. Alonso. As súas raíces, nembargante, son da bisbarra do Val Miñor. Seu avó paterno naceu en San Pedro da Ramallosa nunha casa que el converteu na súa morada e taller de traballo, a avoa paterna era de Sabarís, e os avós maternos de Couso e Morgadans, os pais naceron en Gondomar e tiveron de sempre casa na Ramallosa. A súa nenez transcorre na cidade natal e na zona costeira achegada a Vigo, onde a súa familia ten residencia. Trala guerra civil, en 1941, trasládase a Madrid para cursa-la carreira de Belas Artes na Escola de San Fernando. A partir de 1951 ampl
Comentarios
Publicar un comentario