Jesús Valverde Alonso


Jesús Valverde Alonso, escultor que conseguiu distintas becas, foi marido de Elena Colmeiro, a súa obra responde a criterios morfolóxicos achegados á abstracción. (Vigo, 1925-Madrid, 1993).
.
Xesús Valverde Alonso naceu en Vigo, a o carón do Castro, nunha vila chamada “Vila María”, hoxe convertida en Sanatorio Maternal, da rúa Romil, onde moraban seus pais, que logo pasaron a morar no barrio de Peniche, na rúa Tomas A. Alonso. As súas raíces, nembargante, son da bisbarra do Val Miñor. Seu avó paterno naceu en San Pedro da Ramallosa nunha casa que el converteu na súa morada e taller de traballo, a avoa paterna era de Sabarís, e os avós maternos de Couso e Morgadans, os pais naceron en Gondomar e tiveron de sempre casa na Ramallosa.


A súa nenez transcorre na cidade natal e na zona costeira achegada a Vigo, onde a súa familia ten residencia. Trala guerra civil, en 1941, trasládase a Madrid para cursa-la carreira de Belas Artes na Escola de San Fernando. A partir de 1951 amplía estudios en Roma, París e Londres.

Expón no ateneo madrileño en 1960 e leva a súa obra a París en 1962. En 1964 obtén a segunda medalla na Exposición Nacional e expón en Nova York, dentro da mostra colectiva de escultura contemporánea.

Participa noutros certames e en 1965 recibe unha bolsa da fundación March, ademais de lle encargaren unha maternidade para un centro hospitalario de Valencia, tema que vai repetir un ano máis tarde nun lugar público de Madrid.
En 1967 recibe o primeiro premio nacional de escultura. Participa en grandes mostras internacionais en Oslo, Amberes e Madrid. Realiza unha figura para o palacio de deportes de Vigo, en 1973. Concédenlle o premio Cáceres de Escultura en 1980. Realiza outros monumentos públicos.

Está representado en numerosos museos de España e Europa.
Valverde comeza facendo unha escultura realista dende a que derivou cara a formas máis libres, sempre baseadas nun grande dominio da anatomía e nun magnífico debuxo. Actualmente constrúe obxectos no expacio, empregando a madeira, o ferro, ferramentas da construcción e refugallos de todo tipo nun mundo conceptual e ata críptico dentro da tanxibilidade dos seus materiais.

A exposición que realizan na Casa das Artes de Vigo, en 1992, amósannos un artista novo dificilmente emparentable cos seus bronces do pasado, onde se atopaban a enerxía de Bourdelle e un modelado tradicional.

Cómpre ter en conta a súa obra en dúas dimensións porque é un debuxante magnífico, capaz de sinoptiza-la figura humana, en concreto o nu feminino, en fachenda de beleza que non mingua en absoluto a forza expresiva do resultado, moi característico do escultor, do creador de volumes rotundos que foi o vigués ó longo de moitos anos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

PINTORES GALLEGOS DEL SIGLO XX - XXI

Tino Grandío