Jorge Llorca
Jorge Llorca Freire, nado en Ferrol en 1952, é un pintor e
escritor galego/español.
Licenciado en Belas Artes pola Facultade de San Fernando de
Madrid. Comenzou a expoñer en 1973 en Madrid e despois na Trienal de
Compostela, centenario Caixavigo (1980), Mostra Unión Fenosa da Coruña e
outras. Acadou premios de pintura, ilustrou libros e publicacións e a súa obra
figura en museos e coleccións.
Como escritor publicou relatos e artigos, foi finalista do
Premio de Cuentos Estafeta Literaria, e gañador do Premio de Narracións Curtas
Ateneo Ferrolán e do Premio Blanco Amor (2013) coa novela O violín de Rembrandt.
É profesor da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
Comentarios
Publicar un comentario