Rafael Alonso Fernández
O pintor Rafael Alonso Fernández naceu en Pontevedra no ano 1924
e finado en setembro do 1995, foi un pintor galego, especializado na acuarela.
Comezou a estudar arquitectura en Madrid en 1946, mais
deixouno ao pouco tempo. En 1947 fixo a súa primeira exposición en Vigo e
Pontevedra simultáneamente. En 1952 marchou durante dous anos a París cunha
pensión e alí coñeceu tendencias innovadoras (postimpresionismo, fauvismo,
técnica de Duby...), que serviron de base para a súa propia creatividade.
Nos seus comezos a temática era máis paisaxística, derivando
cara a formas esquemáticas.
Amigo do editor Sabino Torres, ilustrou a obra de Celso
Emilio Ferreiro Musa alemá.
Recibiu a medalla de Ouro da primeira Bienal de Arte de
Pontevedra (1970) e a da cuarta Bienal Internacional de Pontevedra (1980), os
dous únicos concursos ós que se presentou. A súa obra está en poder de
institucións como os Paradores Nacionais de Turismo, o BBVA, a Colección
Afundación, o Museo Provincial de Pontevedra ou o Museo Municipal Quiñones de
León de Vigo e coleccións privadas de distintos países.
Comentarios
Publicar un comentario