Rafael Úbeda


Rafael Úbeda Piñeiro, nado en 1932 é un pintor pontevedrés, galego/español..

Rafael Úbeda é un artista multiforme. Iniciouse nun paisaxismo de tendencia "fauve". Derivou máis tarde, durante a súa estancia italiana, cara un xeometrismo estrutural, de base cubista e cromatistmo moi quente, con vermellos dominantes, para chegar, á fin, á súa etapa actual, por completo expresionista, de raíz irónica e con idéntica estrutura xeométrica. O dinamismo da súa pintura é unha explosión de cor, de movemento. Hai nas súas criaturas énfase e deformación deliberada e expresiva. Os seus antecedentes están na tradición, desde as ilustracións prerrománicas dos Beatos de Liébana a Grünewald, Van Gogh , Picasso, …….


Outro tanto acontece coa súa obra gravada, cunhas pranchas que requiren unha análise minuciosa para recoñecer a súa condición de debuxante. Está en posesión de algún premios e galardóns.

Comentarios

Entradas populares de este blog

PINTORES GALLEGOS DEL SIGLO XX - XXI

Jesús Valverde Alonso

Ángel Sevillano